O Concello abre o prazo de recollida de propostas para definir tres normas xurídicas do Plan Normativo a través da plataforma Narón Participa
O proceso de definición de tres normas xurídicas do Plan Normativo de Narón entrou na fase final cunha nova recollida de propostas e suxerencias, na que poderá participar a cidadanía ata o vindeiro 4 de abril. A través da plataforma Narón Participa (www.naronparticipa.es) poderanse presentar suxerencias ou propostas aos borradores da ordenanza de Normalización Lingüística …